HISTORIA

O Candil nace no ano 1994 despois dunha idea de catro amigos Mingos, Mari, Ramón e Cruz empezando no famoso vello Candil na finca con 3 casiñas vellas e moita historia.

Despois de moito traballo fomos crecendo ata chegar aquí nesta casa máis grande que tamén ten moitos anos de historia, datos dos anos 1800 empezándoa a construír una familia de campesiños, nos restaurámola con moito cariño intentando conservar todo o encanto dos nosos avós.

Non nos esquecemos que nesta andaina foron moi importantes todos vostedes por iso queremos darlle-las grazas e esperamos que lles sigamos gustando e seguir mellorando.